Feeds:
Antradas
Comentairos

Posts Tagged ‘Manuel Rivas’

WALTER BURNS

Unha Galicia libre domina unha Asturias colonizada. Dende alí chega un músico, que pronto se sumerxe no ambiente da noite e do nacionalismo de Compostela. Este é o soprendente argumento de “La Vida Increíble”, gañadora do último Premiu Xoséfa Xovellanos, o máis importante para a novela en asturiano. Co seu autor, Quique Faes, conversamos sobre, entre outros puntos, a supervivencia da lingua asturiana.

San Cristobo de Confluencia, onde se ubica a trama da súa cuarta novela, é un evidente trasunto de Santiago de Compostela. Sorprende que un escritor en asturiano ubique a súa narración en Galicia, porque o fixo?
Non me resulta sorprendente: se hai narracións en asturiano ubicadas nos Balcans ou mesmo no Caribe, non entendo por que non pode habelas ambientadas en Galicia, máis aínda tendo en conta a proximidade xeográfica e máis cultural que eu, como asturiano, sento dende logo con todo o galego. Polo demáis, a ubicación da novela responde en parte ao desexo de evocar un anaco importante da miña propia experiencia vital en Santiago. E, por iso mesmo, é unha novela un pouquiño tramposa. (more…)

Read Full Post »